La edición en papel de éste conjuro se puede conseguir al precio de 30 duros pidiéndolo en éste buzón

 

Conxuro da Queimada

 

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas,
demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das menciñeiras.

Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas,
lume da Santa Compaña.
Mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.

Pecadora língua da mala muller,
casada cun home vello.
Oubéo do can, pregón da morte,
fuciño do sátiro e pé de coello.

 

Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan na xaneira.
Lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes.

Guedella porra da cabra mal parida,
peidos dos infernáis cús,
muxido da mar embravescida.

Con este fol, levantaréi as chamas de este lume
que asemella ao do inferno.

E fuxirán as bruxas a cabalo das suas escobas,
índose a bailar a praia das areas gordas.

Oíde, oíde os ruxidos que dan.
As que non poden deixar de queimarse no lume
ficando asín purificadas.

E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas
ficaremos ceibes dos males da nosa alma e de todo encantamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes máis poder que a humana xente,
eu vos conxuro, aquí e agora,
a que fagádes cos espritos dos nosos amigos que están fora, participen con nos de esta queimada.

 


edita: www.ddnet.es/noproblemo/adelal